Asociación Cultural Kontrashte

TORNEO PES 2012 KONTRASHTE

 

Hola a tod@s:

Unha vez máis a Asociación Kontrashte arranca cun novo evento enmarcado na derradeira semana de decembro. Esta vez trátase do TORNEO PRO EVOLUTION SOCCER 2012 KONTRASHTE en xbox 360. O lugar onde imos a realizar esta actividade será o Mercado Vello de As Pontes, e os días, o 29 e 30 de decembro de 2011 a partir das 16:30 ata peche. O campionato divídese en dous días:

O xoves 29 de decembro, terá lugar o campionato por parellas, cunha inscripción de 10€ por parella de participantes.

O venres 30 de decembro, terá lugar o campionato individual, cunha inscripción de 10€ por participante.

A forma de participar no torneo é apuntándose nas follas de inscripción (Nome e apelidos/Nome do equipo/Equipo de fútbol escollido/Número de teléfono), que poderás atopar tanto no bar DREAMS como no F&K. O plazo de inscripción para calquera das dúas modalidades remata o luns 26 de decembro de 2011 incluído.

O sorteo dos grupos e os emparellamentos terán lugar no bar DREAMS o día 27 de decembro de 2011 ás 20:00, cando xa contemos con tódo-los participantes e equipos. Este mesmo día quedará todo encadrado, e para a xente que igual non poida acudir ó sorteo, pode consultar en www.kontrashte.com onde o colgaremos o antes posible. As bases do torneo quedan a disposición de quen quera miralas no Dreams e no F&K.

Hai que dicir que o 90% da recaudación total será repartida en premios en metálico para os tres primeiros clasificados tanto en individual como por parellas. A Asociación Kontrashte queda co 10% da recaudación total do evento para fins propios da Asociación e futuras actividades.

Desexamos unha boa acollida por parte da xente e animamos a apuntarse e botarse unhas risas.

 

Kontrashte!!!

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s